Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2019 | Actualizada ás 13:03
O Sergas sacou a licitación a subministración do novo material de diagnóstico destinado aos centros de saúde da área sanitaria da Coruña por uns 207.000 euros.
En concreto, trátase de tres lotes para a subministración de 36 unidades de Holter de presión arterial (por case 83.000 euros), 26 espirómetros (por uns 47.000 euros) e catro retinógrafos (por 77.440 euros).
Esta é unha das medidas a curto prazo contempladas no Plan Galego de Atención Primaria 2019-2021, que foi aprobado o pasado mes de maio.
Ademais, nun comunicado, a Consellería de Sanidade lembra que a pasada semana a área sanitaria da Coruña investiu máis de 820.000 euros para a renovación de equipos en centros de atención primaria.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.