O Instituto Cervantes de Nova York acolle desde este mércores unha exposición sobre o Camiño

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2019 | Actualizada ás 13:36

Comparte esta noticia

O Instituto Cervantes de Nova York acolle desde este mércores e ata o próximo 21 de xullo unha exposición sobre o Camiño de Santiago, que inaugurou a comisaria do Xacobeo 2012, Cecilia Pereira.

En concreto, trátase da mostra itinerante do fotógrafo Manuel Valcárcel The Way to Santiago. A contemporary experience of pilgrimage, coa que Xunta e Correos promoven en varias cidades estadounidenses tanto o Xacobeo como os valores da experiencia da peregrinación.

A exposición foi inaugurada ante diferentes turoperadores, prensa especializada e público en xeral, que coñeceron as fotografías e material audiovisual desta mostra que xa pasou por Boston e Chicago.

Durante o acto, tivo especial protagonismo a gastronomía do Camiño de Santiago, segundo destaca a Xunta nunha nota de prensa, ao explicar que houbo unha degustación inspirada na ruta xacobea a cargo da Estrela Michelín Lucía Freitas.

O Instituto Cervantes de Nova York acolle unha exposición sobre o Camiño de Santiago. XUNTA
O Instituto Cervantes de Nova York acolle unha exposición sobre o Camiño de Santiago. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta