A Garda Civil investiga ataque vandálico contra a sede da marea de Touro que acabou co atacante no hospital

A formación local tilda estes feitos como “antidemocráticos e totalitarios” que só representan “a un sector moi minoritario do concello”.

Por Galicia Confidencial | Touro | 26/06/2019 | Actualizada ás 17:31

Comparte esta noticia

A sede do grupo municipal da Marea de Touro foi obxecto dun acto vandálico na madrugada deste martes que acabou co atacante no hospital con diversos cortes de consideración.

As fiestras do local da marea local de Touro esnaquizados tras un ataque vandálico
As fiestras do local da marea local de Touro esnaquizados tras un ataque vandálico | Fonte: remitida

Segundo informa a marea local nun comunicado, a Garda Civil está xa investigando o acontecido que “puido acabar en traxedia”. O autor tería empregado, presumiblemente, un obxecto pesado para cargar contra a fiestra do local, de grandes dimensións.

“O impacto fixo que a cristaleira se precipitase encima del causándolle diversos cortes polos que tivo que ser trasladado ao Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela”, apunta. Ata o punto trasladáronse efectivos da Garda Civil e un equipo de bombeiros. 

A formación local tilda estes feitos como “antidemocráticos e totalitarios”, e afirma que se trata dunha acción que representa a un sector moi minoritario da poboación. “A xente do concello caracterízase por ser respetuosa e polo exercicio libre dos dereitos propios dunha sociedade democrática”, conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta