Deteñen un individuo en Oleiros acusado de transportar haxix e marihuana no seu coche

No rexistro acháronse unha bolsa de plástico que contiña 90,5 gramos de haxix en catro anacos, así como unha peza de corte metálica con restos, unha báscula, 178 euros en moedas e billetes de diverso valor e varios anacos de bolsas de plástico para envolver sustancias

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2019 | Actualizada ás 19:58

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Oleiros (A Coruña) detivo este mércores a un individuo como presunto autor dun suposto delito contra a seguridade viaria cando transportaba 90,5 gramos de haxix, 8,5 gramos de marihuana e billetes de diverso valor, entre outros obxectos.

O feito ocorreron na Avenida Ernesto Che Guevara durante a realización dun dispositivo preventivo de seguridade cidadá, no que observaron como o coche infrinxía o Regulamento Xeral de Vehículos. No momento de solicitar a documentación para iniciar a tramitación da denuncia, os corpos de seguridade do Estado percibiron un forte cheiro a marihuana polo que decidiron revisar o interior do habitáculo.

No rexistro acharon unha bolsa de plástico que contiña 90,5 gramos de haxix en catro anacos, así como unha peza de corte metálica con restos, unha báscula, 178 euros en moedas e billetes de diverso valor e varios anacos de bolsas de plástico para envolver sustancias. Á beira atoparon unha caixa de cor azul que portaba 8,5 gramos de marihuana.

Os gardas civís incautaron estes efectos e procederon á detención do propietario por un delito contra a seguridade colectiva. O sospeitoso foi trasladado a dependencias oficiais do Posto Principal da Garda Civil de Oleiros.

CONDUCIÓN TEMERARIA

Por outra banda, a agrupación de Tráfico da Garda Civil de Santiago investigou a un veciño de Allariz (Ourense) como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria por condución temeraria. Os feitos ocorreron ao paso da autoestrada AP-9, sentido Tui, no municipio de Teo. O investigado foi detido por circular 300 metros marcha atrás en zigzag, cun camión de gran tonelaxe nun tramo de semicurva, coa circulación en sentido contrario e chegando nalgún momento a invadir a beirarúa.

GARDA CIVIL
GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta