A Policía Autonómica prestou protección a 1.600 vítimas de violencia de xénero desde 2016 segundo a Xunta

O vicepresidente autonómico indicou que na actualidade hai doce axentes da Policía Autonómica dedicados "exclusivamente" á atención de vítimas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2019 | Actualizada ás 20:42

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou que a Policía Autonómica prestou protección desde o ano 2016 a un total de 1.600 vítimas de violencia de xénero e detiveron a 86 persoas por delitos relacionados.

Diso informou ante a Cámara o número dous do Goberno galego en resposta a unha pregunta do Grupo Popular sobre as actuacións realizadas polo corpo adscrito á Comunidade autonómica sobre violencia de xénero.

Rueda indicou que na actualidade hai doce axentes da Policía Autonómica dedicados "exclusivamente" á atención de vítimas e aproveitou para facer balance desde a posta en marcha das unidades especializadas, en 2016.

Así, ademais de deter a 86 persoas, os policías realizaron 13.000 contactos coas vítimas, atenderon 4.600 chamadas, levaron a cabo máis de 86.000 controis na contorna de vítimas e agresores, elaboraron uns 4.600 informes de avaliación de riscos e expediron case 5.000 notificacións aos xulgados e Fiscalía.

Policía Autonómica
Policía Autonómica | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta