Cal é a factura que pagan os galegos pola Unidad Militar de Emergencias?

A Unidad Militar de Emergencias, U.M.E., foi creada en 2005 para atender aqueles episodios de carácter catastrófico que precisasen unha atención urxente. A opción por un equipo militar desbotou a idea dun servizo de Protección Civil de tipo público e civil. Con todo, este corpo militar ten uns custes difíciles de cuantificar a día de hoxe.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/06/2019 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

O goberno central baixo a presidencia de Rodríguez Zapatero, decide en 2005 crear un corpo especializado en atender catástrofes, indencios, situacións de risco biolóxicas, químicas e radiactivas. Nacía a Unidad Militar de Emergencias que a día de hoxe encadra 3.500 efectivos entre cadros de mando e tropa e mariñeiría.

Gastos U.M.E.
Gastos U.M.E. | Fonte: Ministerio de Defensa de España

España seguía así o exemplo de varios países que contaban con unidades militares similares. O detonante oficial sería a intervención inmediata e sen contratempos diante dun desastre ou calamidade. A rápida intervención mediante un corpo militar onde o que di un xeneral é o que di un xeneral e non se discute, veuse como unha maneira efectiva de dar resposta a situacións graves.

CREACIÓN

Os principios que rexen as funcións da U.M.E. baséanse en “a intervención en calquera lugar do territorio nacional, para contribuír á seguridade e benestar dos cidadáns, xunto coas institucións do Estado e as Administracións Públicas, nos supostos de grave risco, catástrofe, calamidade ou outras necesidades públicas” segundo a mesma web da UME.

O seu nacemento encadrouse dentro da “Ley Orgánida 5/2005, de 17 de noviembre, de la Defensa Nacional”. Con posterioridade, para o desenvolvemento específico das actividades da U.M.E. desenvolveuse o “Real Decreto 1097/2011, de 22 de julio, por el que se aprueba el Protocolo de Intervención de la Unidad Militar de Emergencias”.  A mesma creación desta unidade especializada deixou ver que era preciso a creación de persoal especializado. Así, tamén se creou a súa “Escuela Militar de Emergencias, EMES” mediante unha orde de Defensa de 2017. Todo isto dentro da web da Unidad.

Estracto Cuaderno Estrategia 165/http://www.ieee.es/Galerias/fichero/cuadernos/CE_165.pdf
Estracto Cuaderno Estrategia 165/http://www.ieee.es/Galerias/fichero/cuadernos/CE_165.pdf

MILITARES E PROTECCIÓN CIVIL

O lóxico é que houbese un sistema nacional de Protección Civil que atendese todas as catástrofes ou sinistros, por que tería que ser militar” din desde fontes de Apropiga. “A intervención da U.M.E. faise en situación dous, cando están en perigo vidas humanas e bens materiais”.

A opinión sobre este corpo militar non deixa de crear bebates case unha década e media logo da súa creación. Ben “polo carácter militar , ás veces pola polémica creada entre os servizos de emerxencia civís” porque, “hai quen ve a necesidade de usar os recursos económicos que van para esta unidade para ampliar os orzamentos e recursos das CC AA, e outras veces porque non entenden que fan as Forzas Armadas dentro deste tipo de misións,  segundo opinións dalgúns blogs sobre protección civil.

“A coordinación deste corpo segue o escalafón militar, así hai que esperar a orde do superior para actuar, isto pode ralentizar accións como apagar o lume” din fontes da CIG. “Esta forma de actuar limita a capacidade operativa, e durante un incendio non pode ser, porque o lume varía cada momento” sinalan as mesmas fontes.

A U.M.E. CUSTA CARTOS, QUEN E COMO PAGA?

“A U.M.E. custa cartos, mobilizar esa unidade custa cartos, ademais o material que teñen está entre o mellorciño que podes ver en tarefas de extinción, rescate e protección civil” din desde a CIG. “Iso hai que pagalo mediante unha creación de créditos que pagarían as diferentes administracións solicitantes dos servizos da unidade”.

O sistema de pagamento polos servizos da U.M.E é a creación duns créditos, como recolle o Cuaderno de Estrategia 165 do 13 de febreiro de 2014, na súa páxina 80: “Los créditos necesarios para la financiación de los costes derivados de las necesidades operatividad, mantenimiento y disponibilidad de los medios se mantienen en el presupuesto del MAGRAMA (Ministerio de Agricultura Alimentación y Medio Ambiente). Para establecer los detalles de dichos presupuestos y los procedimientos de pago, se contempla además la elaboración de una adenda a este convenio”. A día de hoxe, os salarios dun soldado desta unidade serían os mesmos que noutras unidades militares

Este epígrafe está contextualizado dentro das operación que realizarían o 43º Grupo de Fuerzas Aéreas del Ejército del Aire, os hidroavións. Isto sería así porque os avións dependen do Exército do Aire e este do Ministerio de Defensa que, como se pode deducir, envía a “factura” de créditos ao Ministerio de Agricultura.

E Galicia ten que xerar créditos para a U.M.E. cada vez que vén apagar lumes? “É un tema moi opaco, realmente non se sabe como e a quen paga, ou se é que a Xunta paga á U.M.E.” din fontes da CIG.  “Realmente non se sabe o diñeiro pagado a esta unidade, porque é todo moi opaco”. Non obstante, fontes próximas á CIG e outros colectivos como ATRIFOGA e APROPIGA, din que a “factura” que pode presentar a U.M.E. pode ser moi elevada. Consultouse co Ministerio de Defensa a cuestión relativa ao custe destas operacións. Só se respondeu ao relativo aos salarios: "están nos Presupuestos Generales del Estado".

Soldado da UME
Soldado da UME | Fonte: Wikipedia
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta