Os galegos prevén gastar máis de 1.400 euros nas súas vacacións de verán, un 61% máis que o ano pasado

Un estudo do Observatorio Cetelem revela que o 41% dos galegos que viaxarán aloxarase en hoteis ou apartamentos en España.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/06/2019 | Actualizada ás 10:49

Comparte esta noticia

O gasto medio que os galegos prevén facer nas súas vacacións de verán ascende a 1.423 euros, o que supón un aumento do 61% respecto da época estival do ano pasado. Ademais, en relación á intención do conxunto dos españois (1.241 euros), os galegos gastarán un 15% máis.

Segundo reflicte un estudo que deu a coñecer este venres o Observatorio Cetelem Estacional, o 20% dos galegos ten pensando facer un desembolso superior nas súas vacacións deste ano en comparación a 2018. En España, esta porcentaxe é do 26%, 6 puntos máis.

En xeral, destacan as declaracións dos que prevén gastarse o mesmo que o verán pasado, que son o 67% --14 puntos porcentuais máis respecto do que declararon o ano pasado--. En canto ás actividades preferidas dos galegos para os meses de verán, este estudo do Observatorio Cetelem sinala que o 41% aloxarase en hoteis ou apartamentos dentro de España, un 2% máis que en 2018.

SAÍR A RESTAURANTES, A ACTIVIDADE PREFERIDA

Con todo, as actividades maioritarias dos galegos para este verán serán saír a restaurantes (66%), ir de compras (50%) e ir ao cinema (48%).

Os datos analizados neste estudo do Observatorio Cetelem Estacional obtivéronse a partir de 1.000 enquisas en liña realizadas pola empresa Investmarket a persoas maiores de 18 anos no ámbito tanto nacional como autonómico.

Terraza en Santiago de Compostela
Terraza en Santiago de Compostela

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta