Temas: PREZOS CONSUMO UE

Os prezos das exportacións galegas aumentaron un 6% en abril en comparación con 2018

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/06/2019 | Actualizada ás 11:27

Comparte esta noticia

No mes de abril os prezos dos bens exportados de Galicia aumentaron un 6% con respecto ao mesmo mes do ano anterior, mentres que as importacións rexistraron un incremento do 1,5% no mesmo período.

Así se recolle nos datos publicados este venres polo Instituto Galego de Estatística, que reflicte que os bens de consumo sufriron un aumento interanual do 6,55% e os bens intermedios un 6,34%. En canto aos prezos dos bens de capital, a subida foi do 2,17%.

Nas importacións, os prezos dos bens de consumo diminuíron un 3,41% respecto ao mes de abril do ano anterior. Pola contra, os bens intermedios si subiron, ata un 4,18% e os bens de capital ata o 6,04%.

DESTINOS

Por destinos xeográficos, rexistrouse un aumento interanual do 6,84% nos prezos dos bens exportados aos países da Unión Económica e Monetaria e do 7,39% nos das exportacións á UE. Tamén subiron os valores das exportacións ao OCDE en abril, (un 8,20%), pero diminuíron, pola contra, os das exportacións ao resto do mundo (un 6,80% menos respecto ao mesmo mes de 2018).

Por orixe dos bens importados, os prezos dos procedentes de países pertencentes á Unión Económica e Monetaria diminuíron un 1,49% en termos interanuais. Tamén diminuíron os prezos das importacións procedentes da UE (un 1,89%).

Pola contra, en abril aumentaron en termos interanuais os prezos das importacións chegadas de países do OCDE (un 0,94%) e do resto do mundo (un 2,60%).

Exportacións. EUROPA PRESS - Archivo
Exportacións. EUROPA PRESS - Archivo

Temas: PREZOS CONSUMO UE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta