A Xunta culpa ao Goberno de que Parter non poida "comprometer o emprego máis aló de dous anos"

Os traballadores e Alcoa manteñen esta tarde unha nova reunión para achegar posturas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/06/2019 | Actualizada ás 12:42

Comparte esta noticia

O concelleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, culpou ao Goberno central de que o fondo suízo Parter, interesado en facerse coas plantas de Alcoa na Coruña e Avilés, non poida "comprometer o emprego máis aló de dous anos" ao "non cumprir co seu compromiso" para ofrecer un prezo eléctrico estable.

Así o manifestou o conselleiro de Economía ante a situación de Alcoa, que vive unhas horas cruciais antes de venza o prazo do ERE o vindeiro domingo. Este venres empresa e comités de empresa volven reunirse a partir das 15,00 horas co fin de aproximar posturas. Parter conta cun preacordo asinado, mentres os traballadores mostraron o seu receo pola falta de garantías para o emprego.

Nun acto desenvolvido nas instalacións do CIS Galicia, na Cabana, Ferrol, Conde avisou que "a solución definitiva" para esta empresa "pasa por un compromiso por parte do Goberno". "Nós o que esperamos é que nestas 48 horas sexa capaz de trasladar algún tipo de proposta.

"O obxectivo de partida era garantir o 100% dos postos de traballo, algo que nestes momentos non se pode asegurar, porque non temos un prezo eléctrico, e por tanto estamos a tentar pechar unha solución que será provisional e non será definitiva, ata que o Goberno garanta o prezo eléctrico", explica. Ademais, o conselleiro apunta que "os traballadores teñen que saber que a Xunta vai seguir traballando durante este prazo e tamén de face ao futuro".

O concelleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, en Ferrol.
O concelleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, en Ferrol. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta