Diego Calvo lamenta que o PP "non goberna" en máis concellos da Coruña por "estrañas alianzas"

O presidente do PP da Coruña enxalzou o "compromiso", a "dedicación" e a "vocación de servizo público" dos 475 edís da súa formación que foron electos nos 93 concellos da provincia nos comicios do pasado 26 de maio.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/06/2019 | Actualizada ás 20:47

Comparte esta noticia

O presidente do PP da Coruña, Diego Calvo, criticou este venres que a pesar de ser o partido "con máis concelleiros da provincia" e de "contar con máis apoio veciñal" que calquera outra formación, os populares non gobernan nalgúns sitios debido a "estrañas alianzas" entre outras formacións que non llo permiten.

Así o lamentou o líder popular no II Convención Provincial de Concelleiras, organizada pola dirección dos populares e á que tamén asistiu o presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

Neste contexto, Calvo enxalzou o "compromiso", a "dedicación" e a "vocación de servizo público" dos 475 edís da súa formación que foron electos nos 93 concellos da provincia nos comicios do pasado 26 de maio. Precisamente, o presidente pediu aos máis de 300 concelleiros que asistiron ao acto que teñan "humildade, proximidade e responsabilidade" durante o próximos catro anos.

"Os veciños outorgáronnos unha responsabilidade e nós non podemos fallarlles. Debemos, cada un desde a nosa posición, servir aos veciños as 24 horas do día, os 365 días do ano", incidiu.

Non en balde, Diego Calvo aproveitou a xornada para destacar o reto que teñen por diante neste mandato alcaldes populares como os de Noia, Muros, Ribeira, Coristanco, Fene e Trazo, dos que asegurou que "estarán á altura" para demostrar que o PP "sabe liderar concellos tamén en minoría".

Diego Calvo
Diego Calvo | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Rosa

Ou coma un mediocre perde poder alá por onde pisa...