BNG e PSOE presentan o seu acordo de colaboración para o Concello de Mondariz

O concelleiro nacionalista Leopoldo Tato contará coas áreas de Medio Ambiente e Deporte.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/06/2019 | Actualizada ás 17:15

Comparte esta noticia

O alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros, presentou este sábado o acordo de colaboración entre o BNG e o PSOE para repartir as competencias do Goberno local, un plan conxunto que se votará no próximo pleno extraordinario da Casa consistorial. En concreto, as áreas repartiranse entre Xosé Emilio Barros, Leopoldo Tato e Anxos Carballo, por parte do Bloque, e ou concelleiro socialista José Luís Fernández Piñeiro. Este último, que pasará a formar parte do equipo de Goberno, asumiría as competencias de Facenda e Servizos Sociais

Xosé Emilio Barros
Xosé Emilio Barros | Fonte: BNG.

O concelleiro nacionalista Leopoldo Tato contará coas áreas de Medio Ambiente e Deporte, Mobilidade e Urbanismo e Vivenda, mentres que Anxos Carballo terá as responsabilidades de Educación e Cultura e Igualdade e Mocidade. Finalmente, Xosé Emilio Barros, xunto á Alcaldía, terá as competencias de Participación Cidadá e Desenvolvemento Económico e Turismo.

En declaracións a Europa Press, destacou que se trata dun plan "importante non tanto cuantitativamente, senón cualitativamente", para sacar adiante un goberno "con perfil de esquerdas na localidade" e áreas "perfectamente definidas", algo que xerou "certa confusión" na pasada lexislatura. Ademais, xunto coa delimitación das competencias, o acordo inclúe en cada unha das áreas e concellarías unha serie de obxectivos mínimos e responsabilidades asignadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta