Rueda acusa ao goberno de "non estar a facer nada" para "asegurarlle un futuro ás electrointensivas"

O vicepresidente da Xunta de Galicia insiste en que "vemos moitas idas e vindas, vaivéns nun asunto que é moi serio".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/06/2019 | Actualizada ás 18:20

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, esixiu este sábado ao Goberno que "mova ficha" para "facilitar un futuro" ás empresas electrointensivas porque, ao seu xuízo, "non está a facer nada".

Así o sinalou Alfonso Rueda este sábado tras ser preguntado polos xornalistas na presentación do grupo provincial do Partido Popular na Deputación de Pontevedra, despois do envorco ocorrido este venres coa situación das negociacións entre Alcoa e os representantes dos traballadores, onde se decidiu a paralización temporal da venda das súas plantas da Coruña e Avilés (Asturias) a Parter Capital e unha prórroga do proceso do ERE ata o 8 de xullo para dar a oportunidade ao fondo suízo a explicar a súa situación.

"Vemos moitas idas e vindas, vaivéns nun asunto que é moi serio. O que esperamos é, en primeiro lugar, que chegue a bo porto e que realmente, se hai esa posibilidade de venda, que se materialice en condicións que permita manter os postos de traballo", explicou. Así, insistiu en que "independentemente de como acabe o proceso de venda", mentres que o Goberno "non mova ficha" e "non lle facilite un futuro" ás compañías electrointensivas, "estes problemas van seguir".

"Están a dicilo todos os días as propias interesadas e é moi fácil de ver. Por tanto, o Goberno ten que mover ficha e tomar medidas para que poidan ser empresas competitivas, senón este problema ímolo a ter sempre e iso é o que nos preocupa realmente. Non vemos que se estea facendo absolutamente nada nese sentido e esa é a clave e esa sería a solución", sentenciou este sábado Alfonso Rueda.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, en declaracións aos medios. XUNTA - Arquivo
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, en declaracións aos medios. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta