Desde Magadascar a Galicia para aprender galego

Estudantes de 22 países participan este ano na XXXII edición dos cursos de lingua e cultura galegas ‘Galego sen fronteiras’.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 02/07/2019 | Actualizada ás 08:05

Comparte esta noticia

O galego internacionalizase cada ano máis. Rusia, Finlandia, Hungría, India, Irán, Madagascar, Romanía, Alemaña, Arxentina, Austria, Brasil, Cuba, República Checa, Inglaterra, Gales, Estados Unidos, Polonia, Italia, Portugal, Venezuela e distintas comunidades autónomas de España son os lugares de procedencia dos preto de 70 estudantes que este ano participan na XXXII edición dos cursos de lingua e cultura galegas ‘Galego sen fronteiras’.

O programa desenvolverase en Santiago de Compostela do 2 ao 24 de xullo combinando, como é costume, clases teóricas e prácticas sobre o idioma e a cultura de Galicia con palestras, excursións e obradoiros.  O Instituto da Lingua Galega da USC e a Real Academia Galega co organizan estes cursos co apoio da Deputación da Coruña e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. O programa é co dirixido polo secretario da RAG, Henrique Monteagudo, e o director do ILG e tamén académico, Xosé Luís Regueira.

O reitor Antonio López e o presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes, inaugurarán este martes 2 estes cursos nos que participan estudantes de catro continentes.

Bandeiras galegas
Bandeiras galegas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta