Temas: ACCIDENTE 061 112

Aparece afogado un sexaxenario na parroquia ourensá de San Fiz de Baños

Un sexagenario perdeu este luns a vida na parroquia ourensá de San Fiz de Baños. O home foi atopado afogado no río localizado entre A Veiga e Baños ao redor das 18,00 horas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/07/2019 | Actualizada ás 20:14

Comparte esta noticia

Un sexaxenario perdeu este luns a vida na parroquia ourensá de San Fiz de Baños. O home foi atopado afogado no río localizado entre A Veiga e Baños ao redor das 18,00 horas.

Foron os propios servizos sanitarios de urxencias os que alertaron ao 112 Galicia do ocorrido, indicando a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense para socorrer a unha persoa afogada.

De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) informaron os Bombeiros e ao GES de Valdeorras, á Garda Civil e tamén aos voluntarios de Protección Civil da localidade. Desafortunadamente, a pesar dos esforzos dos servizos de emerxencia, nada puideron facer por salvarlle a vida ao home.

061-GALICIA - Arquivo
061-GALICIA - Arquivo

Temas: ACCIDENTE 061 112
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta