Feijóo presume de cifras de paro e di que Galicia é a de "maior baixada " en España

Subliña que a baixada do 8,7% é "o dobre" que a de España.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2019 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou este martes que Galicia é a comunidade "con maior baixada do paro de España" no último ano. Así o apuntou en declaracións aos medios durante unha visita á nova fábrica de Larsa, en Outeiro de Rei (Lugo), tras coñecerse os datos de paro do mes de xuño.

Respecto diso, o titular do Executivo autonómico resaltou que en Galicia o paro baixa en torno ao 8,7% no último ano, "o dobre de España". Subliña que son case 15.000 persoas menos que hai un ano.

Ademais, valora que se incrementan as afiliacións á Seguridade Social. "Se no paro baixamos en 5.500 persoas, neste mes en afiliacións á Seguridade Social incrementamos en 6.700 novos afiliados", agrega. "Isto significa que no último ano levamos 15.000 persoas menos apuntadas no paro e 18.000 persoas afiliadas á Seguridade Social", explica. Ademais, "dentro dos sectores que crecen está o sector agrícola e o sector agroalimentario".

A NIVEIS DE FAI MÁIS DUNHA DÉCADA

Pola súa banda, a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, valorou a baixada do paro rexistrada en Galicia en xuño, ao quedar en desemprego en niveis de fai máis dunha década. Os 155.249 desempregados cos que se pechou xuño Galicia son a cifra máis baixa desde agosto de 2008. Ademais, vólvese a datos de cotizantes á Seguridade Social de agosto de 2010.

Feijóo
Feijóo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta