Por E.P. | PONTEVEDRA | 02/07/2019 | Actualizada ás 18:21
Un preso do centro penal da Lama necesita ser atendido de forma recorrente nas últimas semanas por inxerir pilas e autolesionarse.
Segundo trasladaron fontes sindicais a Europa Press, o home necesitou atención médica e foi trasladado en ambulancia ao hospital varias veces.
Neste sentido, existiron "problemas como este" en diferentes ocasións, como introducirse no estómago unha varilla, explican estas mesmas fontes.
O home atópase no módulo de illamento, non chega aos 30 anos e protagonizou tamén desfeitas na súa cela, ademais das autolesiones.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.