Abanca pon a disposición dos seus traballadores patinetes eléctricos e bicis na Coruña, Vigo e Madrid

A entidade financeira enmarca estas actuacións na súa aposta por un novo modelo de oficina sustentable.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2019 | Actualizada ás 12:54

Comparte esta noticia

Abanca pon a disposición dos seus traballadores patinetes eléctricos e bicicletas na Coruña, Vigo e Madrid co obxectivo de fomentar o transporte sustentable para desprazarse nestes municipios.

O banco deseñou un sistema de reservas en liña para que cada empregado poida xestionar o uso dos vehículos, que estará nas sedes corporativas deste tres cidades.

Proximamente, nunha segunda fase de promoción de transporte saudable, Abanca ofrecerá ao seu persoal unha promoción especial para que poidan comprar un patinete eléctrico co que poder desprazarse pola cidade.

A entidade financeira enmarca estas actuacións na súa aposta por un novo modelo de oficina sustentable, cunha redución de consumos enerxéticos e emisións que se xeran, ademais de "mellorar a calidade de vida". De feito, sinala que en 2018 logrou unha redución do 10,6% no consumo enerxético por empregado, dun 8,1% en gasóleo e dun 2,2% en papel, entre outros.

Patinetes eléctricos e bicis que Abanca pon a disposición dos seus traballadores. ABANCA
Patinetes eléctricos e bicis que Abanca pon a disposición dos seus traballadores. ABANCA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta