Temas: FRASEOLOXíA

“Para máis cadras”, equivalente, entre outras, á castelá “para más señas”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Santiago de Compostela | 07/07/2019 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Cando, en relación con alguén ou con algo, lle fornecemos a unha persoa máis información cá que lle acababamos de dar, a fin de que poida identificar ou individualizar ese alguén ou ese algo, en moitas ocasións empregamos iso de *para máis señas, ou incluso ás veces, posiblemente por calco directo, a secuencia para máis sinais, baseada na asociación analóxica motivada polo feito de que a voz galega sinal se corresponde a nivel xeral coa castelá *seña.

Apertón de mans, saúdo
Apertón de mans, saúdo

Mais en galego contamos cunha voz de noso que dá conta precisamente do contido que expresa nese contexto o vocábulo *señas: non é outra ca cadras.

Dar señas (acerca) de alguien o algo

{= Fornecer máis, ou máis precisas, indicacións ou informacións acerca de alguén ou de algo a fin de que o receptor do enunciado poida identificar e individualizar ese alguén ou ese algo (ou, por extensión, a fin de que poida clarificar en maior medida o contido da información).}

Dar cadras (acerca) de alguén ou algo

Ex.: Al principio no sabía quién era Estevo de Lorchán, pero en cuanto le empecé a dar más señas ya cayó en la cuenta.

Ó primeiro non sabía quen era Estevo de Lorchán, pero ó que lle empecei a dar máis cadras xa caeu na conta.

Ex.: —Pues, a decir verdad, que no sé de quién habláis. —Tranquilo, hombre, espérate, que ahora te damos más señas.

—Pois, se queredes que vos diga, non sei de quen estades a falar. —Tranquilo, home, agarda, que agora che damos máis cadras.

● Tamén:

Dar datos # información/informaciones # indicaciones # referencias (acerca) de alguien o algo

Dar datos # información/s # indicacións # referencias (acerca) de alguén ou algo

&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&

&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&

● E gardando bastante relación coas secuencias antecedentes, na medida en que vén a indicar que se fornece máis información, indicacións ou referencias acerca de alguén ou algo:

Para # Por más señas

Para máis cadras

Ex.: Se trata de un impuesto que empezarán a cobrar a partir del próximo año, en abril para más señas.

Trátase dun imposto que comezarán a cobrar a partir do vindeiro ano, en abril para máis cadras.

Ex.: A ver si te acuerdas de quién era el portero en ese partido... y ya te digo que era español, gallego para más señas.

A ver se lembras quen era o porteiro nese partido... e xa che digo que era español, galego para máis cadras.

● Tamén, bastante usada, inda que posiblemente como mero calco do castelán (e, polo tanto, coidamos que menos recomendable en prol da xenuidade da lingua):

Para máis sinais

[E mais tamén]:

Para más referencias # indicaciones # información # datos && Para mayor información

Para máis referencias # indicacións # información # datos && Para maior información

NOTAS:

1. A voz cadra vén recolleita no DRAG do seguinte xeito:

Cadra: substantivo feminino Recordo, memoria. Non ten cadra dos anos que pasou aquí. ► FRASES E EXPRESIÓNS CON cadra: • Dar cadra Lembrarse, dar razón de algo. Por máis que lle preguntes, non dá cadra de como sucedeu aquilo.

Intuímos, como mera hipótese (non dispomos, neste sentido, de documentación que o poida corroborar), que pode ser que a partir deste significado de “recordo, memoria” se xerase o da expresión dar cadras de alguén ou algo, no sentido de darlle/refrescarlle a unha persoa o recordo ou memoria de alguén ou algo que xa coñece.

2. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta