Jácome sobre os comentarios machistas do seu secretario: "Son comentarios totalmente individuais e nada máis"

"Para gustos, colores, y para maricones, flores", escribira Félix Álvarez. O grupo municipal socialista esixe "a dimisión inmediata" do representante público e o rexedor pide desculpas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2019 | Actualizada ás 18:25

Comparte esta noticia

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, pediu desculpas este mércores por un comentario "non procedente" do seu secretario, Félix Álvarez, en redes sociais, quen escribiu "para gustos, colores, y para maricones, flroes". A desculpa chega despois de que o grupo municipal socialista, mediante comunicado, pedise a "dimisión inmediata" do cargo público por verter "comentarios machistas e homófobos".

A publicación, realizada na mañá deste mércores no perfil persoal de Félix Álvarez, xa foi borrada. O rexedor ourensán valorou que "se trata dun comentario desafortunado nun contexto informal".

Pola súa banda, o portavoz socialista, Rafael Rodríguez Villarino, cualificou de "indignantes este tipo de comentarios do asesor do alcalde" e cualificou como "acto de total covardía para tapar as vergoñas" á posterior retirada da publicación.

Desde o PSdeG-PSOE censuraron por "inaceptables" este tipo de actitudes e consideráronas unha "constante" entre os representantes públicos do grupo de goberno local de Democracia Ourensá. Con todo, o líder da formación, Jácome afirmou que "son comentarios totalmente individuais e nada máis".

Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense
Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta