O Concello de Ourense destinará máis de 300.000 euros en en entidades sen ánimo de lucro para proxectos sociais

En palabras do concelleiro Miguel Caride, a finalidade do proxecto é "apoiar o importantísimo traballo que estes colectivos desenvolven no apoio ás persoas e aos colectivos de maior vulnerabilidade",

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/07/2019 | Actualizada ás 14:17

Comparte esta noticia

A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves a convocatoria anual de subvencións polas que destinará un total de 325.093,24 euros a proxectos de asociacións e entidades sen ánimo de lucro.

En palabras do concelleiro Miguel Caride, a finalidade do proxecto é "apoiar o importantísimo traballo que estes colectivos desenvolven no apoio ás persoas e aos colectivos de maior vulnerabilidade", informou o Concello de Ourense nun comunicado.

Deste xeito e segundo informa o Concello, as subvencións teñen como finalidade financiar programas, proxectos e actividades de interese, así como a promoción social e utilidade pública no ámbito dos servizos sociais. Estas iniciativas están dirixidas prioritariamente a colectivos de vulnerables socialmente.

SENTENZAS

Pola súa banda, informou da resolución de dúas sentenzas favorables ao Concello de Ourense. Por unha banda o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestima un recurso da empresa Desenvolvementos Comerciais de Lecer e Inmobiliario relativo á reclamación de responsabilidade patrimonial por anulación de licenza e obra para a construción dun centro comercial na Farixa.

A empresa demandante reclamaba unha suma de 4,3 millóns de euros ao Concello e, tras varios procedementos xudiciais, o TSXG ditou sentenza favorable ao Consistorio. Doutra banda, o Xulgado do Conencioso-Administrativo número 1 de Ourense desestimou o recurso interposto por unha sociedade contra o acordo do 25 de xaneiro de 2018 da Xunta de Goberno Local. A sentenza --non é firme-- condena a Kissinger Baltic Corporation S.L. a abonarlle ao Concello os custos do litixio.

OUTROS ASUNTOS

Así mesmo, a xunta de goberno local concedeu cinco licencias para a execución de proxectos de reparación de cubertas, instalación dun ascensor, execución de reformas, rehabilitación dun edificio; así como a aprobación de dous proxectos, un de reparación interior dun domicilio e outro de execución dun edificio de seis vivendas.

Pola súa banda, o Concello estima parcialmente a reclamación de responsabilidade patrimonial dunha ex traballadora municipal pola que debe abonarlle unha cantidade de 30.571,78 euros en concepto de indemnización.

Así mesmo, estímase a reclamación de responsabilidade patrimonial polos danos ocasionados nun vehículo polo impacto contra un colector de lixo. Os danos valóranse en 1.455,15 euros, sinalou o Consistorio. O Concello iniciará un expediente para exercitar o dereito á repetición contra a empresa concesionaria do servizo de limpeza.

En canto á xestión económica e orzamentaria, aprobáronse as facturas correspondentes aos gastos realizados no exercicio 2018, que non puideron seguir a tramitación ordinaria, cun importe total de 92.122,46 euros.

Jácome, alcalde de Ourense
Jácome, alcalde de Ourense | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta