O PSdeG pregúntalle a Feijóo se os deputados do PPdeG serán "comparsa" de Vox durante a sesión de investidura

O secretario xeral dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, declarou que o presidente da Xunta "ten que explicar se segue a mesma liña de ultradereita que Casado e Abascal".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/07/2019 | Actualizada ás 14:28

Comparte esta noticia

O secretario do PSdeG, Gonzalo Caballero, instou a Feijóo a que clarifique se os deputados galegos do PP son "comparsa" de Vox e a ultradereita ou se sitúan na liña da dereita "centrada e moderada" de Manuel Valls e non impiden a investidura de Pedro Sánchez no 23 de xullo.

Na sede do partido en Santiago, Caballero remarcou que "enfronte de Pedro Sánchez non hai ningunha opción que poida darlle a España un goberno de progreso e coa lexitimidade e os apoios necesarios". "Non hai ningunha outra opción enfronte que poida supor algo positivo para a cidadanía", incidiu.

"Non lle pido nada ao PP", aclarou, "ten que ser coherente Feijóo e ten que explicar se segue a mesma liña de ultradereita que Casado e Abascal" e "diga se está coa dereita moderada ou a ultradereita", insistiu.

ACORDOS CO BNG

Por outra banda, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, defendeu os pactos establecidos en Galicia co Bloque Nacionalista Galego, como os subscritos para as Deputacións da Coruña, Pontevedra ou Lugo, e marcou distancias entre o partido nacionalista galego e outras forzas políticas en España que "actuaron de forma máis activa ou pasiva bordeando" cuestións que ao PSOE "non lle resultan cómodas".

Na rolda de prensa, preguntado sobre a actitude do PSOE ante formacións nacionalistas en España, reivindicou que "alá onde haxa respecto a normas de Estado haberá máis capacidade de construír vocación cooperativa con outras forzas".

En todo caso, defendeu que a dirección federal do partido está a abordar "ben" as negociacións, "con solvencia e solidez", buscando "acordos coherentes co discurso á cidadanía" e "sen quebranto" á gobernabilidade do país.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta