A Xunta quere acabar co feísmo no Camiño de Santiago con 200.000 euros

Asina un convenio coa Fundación Juana de Vega para aplicar un plan no que se contará co asesoramento de especialistas da Escola Galega de Paisaxe.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/07/2019 | Actualizada ás 19:36

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta autorizou este xoves o convenio de colaboración entre o Goberno galego e a Fundación Juana de Vega, dotado de 200.000 euros, para impulsar medidas contra o feísmo no Camiño de Santiago.

Camiño de Santiago
Camiño de Santiago | Fonte: arquivo

O proxecto contará con accións para eliminar os elementos que deterioran a imaxe da Ruta Xacobea. Para iso, contarán co asesoramento de especialistas da Escola Galega de Paisaxe.

Como parte desta colaboración, a Fundación elaborará un manual de boas prácticas para fixar liñas de traballo recomendadas para futuras accións no ámbito paisaxístico do Camiño.

A achega da Xunta estará repartida en dúas anualidades (90.000 neste exercicio), e desenvolverase en diversas fases de traballo de campo e técnico.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Fouxerei

Coa de necesidades extremas que hai en Galiza e a xunta a gastar monotematicamente cartos para o xacodeo en todo canto lugar. É imposible ver publicidade de calqueira cousa (cultural, deportiva, institucional, etc) sen o logotipo do xacobeo de marras. Comezo a sospeitar os intereses que pode haber por tras desto... Pecunia non olet.

1 Lemosa

Máis cartos para o Xacobeo, o Luar da cultura galega... (Frijol fai de Gayoso).