Temas: ENFERMARíA

As enfermeiras consideran unha solución "temporal" a proposta da Xunta e reclaman prazas estables

Por E.P. | Santiago de Compostela | 04/07/2019 | Actualizada ás 20:56

Comparte esta noticia

A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria considera que os contratos de tres anos acordados este xoves pola Xunta para hospitais e Atención Primaria son unha solución "temporal", pero reclaman a creación de novas prazas estruturais de enfermeiras nesta especialidade e a reconversión de novas prazas vacantes.

Enfermeiras nunha planta de pediatría
Enfermeiras nunha planta de pediatría | Fonte: consalud.com

Esta asociación lamenta que o 75% das enfermeiras especialistas en familiar e comunitaria --só o 25% ten un praza estable en cadros de Atención Primaria-- sexan obrigadas polo actual sistema de contratacións a ter que aceptar contratos en hospitalaria para non ser sancionadas. "Impedindo deste xeito que profesionais formados en Atención Primaria para traballar en Atención Primaria presten coidados avanzados e especializados á poboación, dilapidando recursos públicos", lamenta.

Por iso, demanda unha maior estabilidade para este colectivo co fin de mellorar o servizo e a situación laboral dos enfermeiros especializados no ámbito da Atención Primaria.

Temas: ENFERMARíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta