O PPdeG culpa ao Goberno central de "desidia" sobre o seu trato á economía galega

"Hai indicadores que advirten dunha retardación da economía galega, que pode deberse ao contexto xeral", apuntou o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/07/2019 | Actualizada ás 15:26

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, culpou ao Goberno central da "retardación" da economía galega, que crece ao 2,3%, unha décima inferior á do conxunto da actividade económica de España, segundo reflicte un estudo do Foro Económico de Galicia publicado o pasado 4 de xullo.

Nunha rolda de prensa celebrada este venres, o tamén viceportavoz do PPdeG na Cámara autonómica asegurou que a evolución da economía galega presenta "luces e sombras", dado que é a comunidade "con mellor comportamento" na creación de emprego pero vese "afectada" pola "desidia" do Goberno central e a "parálise" política.

"Hai indicadores que advirten dunha retardación da economía galega, que pode deberse ao contexto xeral", apuntou Tellado antes de apuntar que Galicia se ve afectada "por extensión" da existencia dun goberno en funcións a nivel estatal e "a pouca perspectiva" de que esta cuestión se vaia a resolver "a curto prazo".

"Galicia marcha ben, se alguén colle os indicadores microeconómicos e macroeconómicos de fai dez anos, todo está mellor", sostén Tellado, que culpa do retroceso na economía galega á "desidia" do Goberno de Pedro Sánchez e as súas "decisións" sobre o sector industrial e naval.

"As dúas máis graves", di o popular, foron "o atraso" da firma da orde de execución das fragatas F-110 para os estaleiros ferroláns "co único obxectivo de asinala en campaña" e a non aprobación do estatuto do electrointesivo e as súas consecuencias sobre Alcoa.

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado. PPDEG
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado. PPDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta