O Concello de Pontevedra creará catro direccións xerais para "que a administración sexa máis eficaz"

Desde o consistorio apuntan que se está "negociando" coa posibilidade de que o 90 por cento poida ser persoal do cadro municipal, argumentando que "dentro da casa hai unhas vimbias marabillosas".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/07/2019 | Actualizada ás 17:10

Comparte esta noticia

O Concello de Pontevedra iniciou a tramitación para crear catro direccións xerais nas áreas de Alcaldía, Urbanismo e Servizos Xerais, de Mobilidade, Protección Cidadá e Emerxencias, e de Recursos Humanos. A decisión, aprobada nunha xunta de goberno extraordinaria, responde o reto de que esta administración funcione "como un reloxo suízo", explicou a portavoz municipal e concelleira de Réxime Interior, Anabel Gulías.

"Que a administración sexa máis eficaz e resolutiva é unha das prioridades políticas do goberno", explicou Gulías sobre esta reforma, argumentando que as institucións públicas teñen o "lastre" de ir "máis lentas que a sociedade". Ante cambios tecnolóxicos como a administración electrónica, a concelleira nacionalista apelou á necesidade de actuar como "un mecanismo perfectamente sintonizado e cumpra as expectativas" ante os "retos e desafíos potentes" deste mandato.

Do catro direccións xerais, a de Alcaldía, Urbanismo e Servizos Xerais é a única que xa existe, encabezada por Xosé Manuel Tato Camiño desde fai oito anos e que continuará á fronte da mesma porque "a experiencia é positiva" e os departamentos que coordina "funcionan mellor", eloxiou Anabel Gulías.

En canto a Mobilidade, Gulías precisou que se trata dunha área "transversal" moi vinculada ao modelo de cidade e ao "reto do sostemento dos espazos públicos. Sobre Protección Cidadá sinalou que asumirá a dirección da Policía Local, Bombeiros e Protección Civil. A dirección xeral de Recursos Humanos terá unha "interlocución directa" cos máis de 500 funcionarios do concello de Pontevedra.

Sobre as persoas que se ocupen estes postos directivos, Anabel Gulías explicou que se está "negociando", coa posibilidade de que o 90 por cento poida ser persoal do persoal municipal, argumentando que "dentro da casa hai unhas vimbias marabillosas". Os requisitos legais establecen que sexan traballadores públicos da categoría A1, a máis alta na Administración.

Tras a aprobación desta medida, a proposta trasladarase ao primeiro pleno deste novo mandato, que se celebrará o 15 de xullo, coa expectativa de que estas direccións xerais estean operativas a partir do próximo mes de setembro.

Miguel Fernández Lores. EUROPA PRESS - Archivo
Miguel Fernández Lores. EUROPA PRESS - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta