A gaiteira Susana Seivane actuará este sábado en Tui

Interpretará, entre outros, temas do seu último traballo 'FA', publicado o pasado mes de setembro.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 06/07/2019 | Actualizada ás 09:40

Comparte esta noticia

A gaiteira Susana Seivane ofrecerá este sábado, día 6 de xullo, un concerto na localidade pontevedresa de Tui con motivo do programa 'Musigal Son Tradición'.

A actuación terá lugar ás 22,30 horas e, xunto a Sievane, actuará Miguel González ao saxo, Rubén Deschamps á guitarra e mandolina, Carlos Freire á batería e percusión tradicional, así como Iago Rodríguez ao baixo eléctrico.

A gaiteira interpretará temas do seu último traballo 'FA', publicado o pasado mes de setembro. Ademais, tamén repasará outros temas da súa longa carreira musical, todo nun espectáculo que, segundo indicou a organización, será fresco e orixinal.

Susana Seivane naceu nunha das familias con máis prestixio e fama no mundo dos gaiteiros e artesáns de gaitas de Galicia. Con tres anos e da man do seu pai iniciou a súa carreira musical, na que influíron mestres como o seu avó, Xosé Manuel Seivane, Ricardo Portela e Monexas.

Cartel da actuación da gaiteira Susana Seivane en Tui (Pontevedra). MARE PRODUCIÓN
Cartel da actuación da gaiteira Susana Seivane en Tui (Pontevedra). MARE PRODUCIÓN | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta