Un home enfróntase a seis anos de cárcere por abusar sexualmente da súa filla de forma continuada

A Fiscalía tamén pide oito anos de liberdade vixiada para o acusado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/07/2019 | Actualizada ás 11:44

Comparte esta noticia

Un home enfróntase a seis anos de prisión e outro oito de liberdade vixiada por abusar sexualmente da súa filla de forma continuada desde que esta tiña seis anos.

O xuízo terá lugar o vindeiro martes na Sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

A Fiscalía pide seis anos de cárcere e oito de liberdade vixiada unha vez conclúa o período de internamento en prisión, así como a privación da patria potestade sobre a súa filla, á que, en caso de ser condenado, non poderá comunicarse durante o tempo que dure a pena.

Ademais, tamén reclama que o acusado sexa inhabilitado durante un período de once anos para exercer calquera profesión ou oficio que leve contacto directo con menores.

Audiencia Provincial de Pontevedra.
Audiencia Provincial de Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta