A Xunta promove en Lobios unha iniciativa para implicar á veciñanza na prevención de lumes

A Xunta de Galicia e o concello ourensán de Lobios colaborarán na posta en marcha dunha iniciativa experimental para mellorar a implicación veciñal na defensa e prevención de incendios forestais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/07/2019 | Actualizada ás 13:46

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia e o concello ourensán de Lobios colaborarán na posta en marcha dunha iniciativa experimental para mellorar a implicación veciñal na defensa e prevención de incendios forestais.

Así, tal como indicou o Goberno galego nun comunicado, trátase de fomentar o papel activo da cidadanía nesta materia mediante a súa colaboración en ámbitos como a vixilancia, ademais de fomentar a súa aprendizaxe diante deste tipo de situacións a través da realización de cursos de formación específicos.

Desta maneira, o conselleiro de Medio Rural, José González, reuniuse coa alcaldesa de Lobios, María del Carmen Yáñez, para avanzar neste proxecto, que terá inicialmente un carácter experimental, para avaliar a súa eficacia e considerar despois a posibilidade de traslado a outros municipios galegos.

Así mesmo, na reunión de traballo, na que tamén estivo presente o director xeral de Defensa do Monte, Tomás Fernández-Couto, analizáronse as necesidades deste concello ourensán no que supón ás infraestruturas preventivas, especialmente enfocadas á defensa de incendios procedentes de Portugal.

Tamén se falou do deseño de actuacións de mellora de accesos en determinadas áreas para o servizo e medios de extinción, tendo en conta de que se trata de salvagardar zonas protexidas de alto valor.

Bosque totalmente calcinado en Ribarteme (As Neves) en pleno outubro de 2017
Bosque totalmente calcinado en Ribarteme (As Neves) en pleno outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta