Identificado o agresor dun mozo con discapacidade que defendeu a unha pasaxeira nun bus

O agresor fuxiu do autobús dando patadas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/07/2019 | Actualizada ás 17:13

Comparte esta noticia

A Garda Civil do posto de Fene (A Coruña) investiga a agresión dun individuo a un mozo de 18 anos cun 68% de discapacidade nun autobús que cubría a ruta Ares-Ferrol tras defender a unha pasaxeira. Así o informaron a Europa Press fontes da investigación, que aseguraron que o presunto agresor, un home de mediana idade, xa foi identificado.

Os feitos sucederon sobre as 16,45 horas do pasado sábado nun autobús que cubría a ruta Ares-Ferrol cando un pasaxeiro "meteuse cunha viaxeira", aseguran as mesmas fontes, e un mozo de 18 anos saíu na sua defensa, polo que o agresor empuxouno contra unha xanela do vehículo.

Ao parar, o condutor e o mozo de 18 anos trataron de reter ao agresor ata a chegada dos axentes da Garda Civil pero, tras recibir o mozo "un par de patadas", indicaron as mesmas fontes, logrou darse á fuga.

A vítima recibiu asistencia sanitaria no Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, destacaron as mesmas fontes, e presentou parte de lesións. Foi a nai do mozo a que presentou denuncia en relación con estes feitos.

A Garda Civil mantén aberta a investigación en relación con este incidente denunciado e xa identificou ao presunto autor da agresión ao mozo.

Autobús
Autobús | Fonte: Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta