Os populares piden unha "solución ponte" para Navantia mentres non se constrúen as fragatas

O portavoz do PP no Parlamento, Pedro Puy, lamentou que o adianto "inxustificado" por parte do Goberno na firma do contrato para a construción das fragatas F-100, que levou a cabo xusto antes das eleccións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/07/2019 | Actualizada ás 18:26

Comparte esta noticia

Os populares galegos impulsarán no pleno do Parlamento de Galicia desta semana unha proposición non de lei na que pedirán ao Goberno central unha "solución ponte" para Navantia ata que se inicie a construción das fragatas F-100.

Así o sinalou nunha rolda de prensa o portavoz popular, Pedro Puy, quen lamentou que o adianto "inxustificado" por parte do Goberno na firma do contrato para a construción das fragatas F-100, que levou a cabo xusto antes das eleccións, ao que se suma a decisión de desprazar carga de traballo dos estaleiros de Ferrol cara aos estaleiros de Cádiz en materia de eólica mariña, "motivou que a actividade nos estaleiros ferroláns estea comprometida a partir do próximo ano ata que no 2022 se inicie o corte de chapa das novas fragatas".

"Esta situación vai afectar non só ao traballo dos propios estaleiros de Navantia da ría de Ferrol, senón tamén á industria auxiliar que traballa para esta factoría, polo que desde o PPdeG consideramos importante que o Goberno central busque unha solución ponte ata que se poña en marcha a construción das fragatas", sentenciou Puy.

Entre outras cousas, os populares tamén incorporarán ao debate para a súa aprobación o proxecto de Lei de Administración Dixital de Galicia, "que consolida un proceso de reforma administrativa amplo que levou a cabo desde 2009".

Este novo texto lexislativo "blinda legalmente os mecanismos de dixitalización implantados nos últimos anos", á vez que "aproveita esta dixitalización da administración para cambiar a maneira de prestar servizos aos cidadáns", xa que pasa a un modelo "máis proactivo" e que utiliza "os datos que manexa a cidadanía para facilitarlle, previo consentimento, eses servizos".

O portavoz dos populares galegos, Pedro Puy.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS
O portavoz dos populares galegos, Pedro Puy.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta