Aprobada a Lei de Administración Dixital de Galicia, que a oposición ve "pouco ambiciosa"

Os representantes do Grupo Mixto, do BNG e de En Marea situáronse en contra por considerar que esta norma profundaba na "privatización" da administración pública e "non garante o acceso universal á banda ancha".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/07/2019 | Actualizada ás 12:20

Comparte esta noticia

O proxecto de Lei de Administración Dixital de Galicia foi aprobado este martes no pleno do Parlamento de Galicia cos votos a favor do Grupo Popular, que rexeitou as emendas que mantiña a oposición neste último trámite parlamentario e sacou adiante en solitario o ditame da comisión sobre este texto.

En concreto, mentres que os deputados do Grupo Parlamentario Socialista se abstiveron, os representantes do Grupo Mixto, do BNG e de En Marea situáronse en contra por considerar que esta norma profundaba na "privatización" da administración pública e "non garante o acceso universal á banda ancha".

Ademais, o PSdeG cualificou de "pouco ambiciosa" esta normativa e, do mesmo xeito que o resto de grupos da oposición censurou que non se solicitase o informe do Consello Económico e Social (CES) cando a propia normativa deste órgano sinala que lle corresponde elaborar "informes e estudos" sobre as repercusións que a introdución das novas tecnoloxías impón no sistema económico e social galego.

Pola súa banda, a deputada do PPdeG Sandra Vázquez destacou que esta normativa busca situar a administración galega na "vangarda" do uso das novas tecnoloxías. "Hai que crear o mañá e non preocuparse polo onte, parafraseando a Steve Jobs, debemos construír unha administración máis áxil, máis eficiente e de maior calidade. En definitiva, pór a administración en contacto cos galegos", destacou a parlamentaria.

Os deputados do Hemiclo votan o ditame da comisión sobre o proxecto de Lei de Administración Dixital de Galicia
Os deputados do Hemiclo votan o ditame da comisión sobre o proxecto de Lei de Administración Dixital de Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta