Rueda descarta un adianto electoral en Galicia

"Somos un Goberno estable que goberna desde o principio ata o final", apunta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/07/2019 | Actualizada ás 14:58

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, indicou que o Executivo de Alberto Núñez Feijóo vai tentar "que a falta de estabilidade" no Goberno de España non afecte a Galicia. "Se por algo nos caracterizamos é por ser un goberno estable que goberna desde o principio ata o final", proclamou.

Así respondeu a preguntas dos xornalistas, na Coruña, en relación a un hipotético adianto electoral en Galicia influenciado pola situación que se vive no ámbito nacional co bloqueo das negociacións para a conformación de Goberno.

"España necesita un goberno estable do mesmo xeito que o ten Galicia", dixo Rueda, que pide "responsabilidade" a Pedro Sánchez, a quen fixo un "chamamento" para que "sexa capaz de formar un goberno" e "non aboque a España a unhas novas eleccións"

"Imos tentar que a falta de estabilidade en España non afecte o Goberno de Galicia", respondeu ao ser preguntando por se cre que esta situación de inestabilidade a nivel nacional pode afectar á convocatoria de eleccións autonómicas, que terían que celebrarse en setembro de 2020 se non media adianto electoral. "Se por algo nos caracterizamos é por ser un Goberno estable que goberna desde o principio ata o final", engadiu.

Rueda subliñou tamén que os propios responsables do PSdeG admiten que "Galicia non vai recibir o que lle corresponde" en materia de financiamento. "Galicia ten dereito a ese financiamento", afirmou o vicepresidente da Xunta, quen demandou "non trasladar aos galegos os problemas que está a crear Pedro Sánchez por non formar Goberno".

Rueda
Rueda | Fonte: XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta