Ethel Vázquez afirma que 1.360 analíticas descartaron toxinas no encoro de Caldas

A conselleira acusou ao PSdeG de mentir e "xerar unha alarma que social que non é real" respecto ao estado da zona.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/07/2019 | Actualizada ás 20:02

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, denunciou a "irresponsabilidade" do PSdeG por difundir "falsedades" sobre a estado da auga no encoro da Baxe, en Caldas de Reis, e advertiu de que 1.360 analíticas descartaron a presenza de toxinas, en concreto de microcistina.

O deputado socialista Julio Torrado reprochou á Xunta o "enésimo capítulo da telenovela que todos os anos se repite", advertindo da presenza da alga microcistina no citado encoro de Caldas, que coa chegada da calor "agrávase a posibilidade da existencia de toxina no río". Trátase "dun problema recorrente", insistiu, acusando á Xunta de permanecer "pasiva" e de evitar "implicarse de verdade" para pór unha solución a este problema.

Respecto diso, Vázquez arremeteu contra as acusacións do PsdeG por "xerar unha alarma social que non é real" e "con argumentos falsos", asegurando que "todas as análises" de Augas mostran que "non houbo nin hai toxinas no encoro" e facendo entrega dunha copia dos resultados á mesa do Parlamento.

"Minten descaradamente", reiterou, para despois lembrar que o pasado 28 de xuño o PsdeG, con motivo dunha visita do seu secretario xeral, divulgou que o encoro estaba afectado por esta toxina, a pesar de que ese mesmo día os resultados das analíticas descartaban a presenza de microcistina.

Finalmente, acusou aos socialistas de utilizar a auga "con oportunismo político" para, acto seguido, indicar que será a Xunta quen realice a reforma da depuradora de Paradivas, en Caldas, a pesar de ser unha competencia municipal.

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, en rolda de prensa. XUNTA - Arquivo
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, en rolda de prensa. XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta