Feijóo amosa a súa satisfacción tras o recurso de Sánchez para recuperar o Pazo de Meirás

“Alegraríame que volvera ao patrimonio público”, destaca o presidente galego.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/07/2019 | Actualizada ás 15:16

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta amosou este xoves a súa satisfacción tras o recurso presentado polo Goberno de Pedro Sánchez contra a familia Franco para recuperar a titularidade do Pazo de Meirás, vendido de xeito supostamente fraudulento, ao dictador a medidados do século pasado.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en rolda de prensa do Consello. XUNTA DE GALICIA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en rolda de prensa do Consello. XUNTA DE GALICIA

“Nós levamos traballando sobre este tema desde hai tempo e a Xunta pronunciouse a favor deste recurso por razós legais porque ese pazo é de patrimonio público e non privado”, suliñou Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. 

O xefe do Executivo galego vinculou o recurso da Avogacía do Estado cos trámites que xa realizou a Xunta a este respecto. “Ao final semella que era certo o que lle pediamos ao Ministerio de Xustiza e parece que isto se activa”, suliñou. Ademais, lembrou que o Parlamento galego approbou dúas iniciativas para que a familia devolva o pazo.

Preguntado sobre se a Xunta se vai personar como acusación particular neste caso, Feijóo xa foi máis cauto. “Primeiro hai que ver se temos lexitimación para facelo pero parece que iso correspóndelle ao Estado”, indicou.

HABERÁ PERSONACIÓN

Posteriormente, o presidente da Xunta, a través da súa conta de tuiter, anunciou que o seu goberno tamén se personará no proceso para recupera a propiedade pública do Pazo de Meirás. "Se se confirma a valoración inicial, farémolo", indicou.

"Estamos satisfeitos de que a Avogacía do Estado concorde cos criterios xurícos da Xunta e coa vontade unánime expresada no Parlamento galego", escribiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta