A Xunta estende a obrigatoriedade das vacinas dos nenos ás casas niño do rural

O Goberno galego primarán ás familias monoparentais e ás numerosas para acceder a prazas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2019 | Actualizada ás 15:50

Comparte esta noticia

A Xunta inclúe a obrigatoriedade de que os nenos e nenas estean vacinados na convocatoria de axudas, dotada con algo máis dun millón de euros, aprobada este xoves para crear outras 15 casas niño en municipios de menos de 5.000 habitantes.

Así o anunciou o máximo mandatario autonómico, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, órgano que deu luz verde a esta convocatoria que permitirá incrementar as 61 casas niño que funcionan na actualidade ata as 76.

Nesta nova orde na que tamén se primarán ás familias monoparentais e ás numerosas, ademais, a Administración autonómica anticipará o "100%" dos "case 20.000 euros" que achega para a primeira anualidade para que se poidan "ingresar de forma inmediata". Nas sucesivas anualidades, o anticipo pasará do 35% ao 75%.

Un neno escribindo unha carta
Un neno escribindo unha carta | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta