A Policía investiga un posible timo ao exsecretario local do PP en Santiago ao que roubaron 30.000 euros

O tamén empresario tería accedido a entrar nun coche con dúas mulleres, pero logo acabou saltando del en marcha.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/07/2019 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

A Policía Nacional abriu unha investigación tras o incidente que sufriu o exsecretario local do PP e promotor inmobiliario David Pillado o pasado mércores, 10 de xullo, quen resultou ferido despois de subtraerlle 30.000 euros en Santiago.

Segundo informaron a Europa Press fontes policiais, David Pillado denunciou os feitos acaecidos ante a Policía Nacional en relación a que o pasado mércores dúas mulleres abordárono na zona do Ensanche de Santiago e conseguiron que se metese nun coche.

A actitude das implicadas provocou que o empresario acabase abrindo a porta do coche en marcha e "tirándose á rúa", segundo aseguraron fontes da Policía Nacional.  A caída provocoulle lesións na cabeza e foi nese momento cando as mulleres baixaron do vehículo e substraéronlle 30.000 euros, supostamente por un timo. A escena foi vista por varias testemuñas que socorreron a Pillado, relataron as mesmas fontes.

Posteriormente, o empresario foi trasladado ao hospital, onde lle fixeron varias probas. Fontes policiais confirmaron que Pillado xa foi dado de alta. A Policía Nacional abriu unha investigación tras a denuncia presentada polo afectado para esclarecer o sucedido, identificar as persoas implicadas e o motivo do incidente.

Coche da Policía Nacional. ARQUIVO
Coche da Policía Nacional. ARQUIVO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta