Xornada inestable en Galicia con posibilidade de tormentas e saraiba no interior

Haberá un descenso de temperaturas no sur.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/07/2019 | Actualizada ás 10:10

Comparte esta noticia

A xornada deste sábado estará caracterizada pola inestabilidade atmosférica por aire frío en capas altas. Con esta situación, espéranse intervalos nubrados, con chuvascos tormentosos pola tarde, acompañados de aparello eléctrico e ocasionalmente de saraiba, que poden ser localmente fortes.

Un raio durante unha treboada
Un raio durante unha treboada | Fonte: Arquivo

As temperaturas mínimas experimentan un lixeiro ascenso, mentres que as máximas sofren un descenso, máis acusado na metade sur.

Os ventos soprarán frouxos variables na metade sur, moderados do nordeste no resto, con intervalos fortes entre Bares e Costa da Morte.

Temperaturas extremas previstas nas cidades son A Coruña 20º 28º,  Ferrol 20º 27º, Lugo 17º 25º,,Ourense 20º 36º, Pontevedra 21º 26º, Santiago 18º 30º e Vigo 19º 25º. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta