A Xunta activa a alerta laranxa por treboadas nas provincias de Lugo e Ourense

As precipitacións poden superar os 15 milímetros por hora e vir acompañadas de saraiba.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/07/2019 | Actualizada ás 19:47

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activou a alerta laranxa por treboadas nas provincias de Lugo (Montaña e Sur) e Ourense (Sur, Montaña e Valdeorras) e un aviso amarelo noutras zonas de Galicia.

Pola súa banda, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) informou de que as treboadas poderán ir acompañadas de sarabia e refachos de vento "moi fortes". Ademais, as choivas con precipitacións acumuladas poderán alcanzar o nivel amarelo e superar os 15 milímetros por hora naquelas zonas onde exista treboada.

Por este motivo, a Xunta informou --a través do 112 Galicia-- aos concellos afectados, deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil para que adapten as medidas oportunas e así garantir a seguridade dos cidadáns.

Incidencias polas choivas no municipio de Monterrei (Ourense).. CEDIDA
Incidencias polas choivas no municipio de Monterrei (Ourense).. CEDIDA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta