Folga de trens este luns... E esta é a situación na que queda a circulación

Máis de 60 trens non circularán, tanto rexionais coma media e longa distancia. O paro coincide cun día de "excepcional movemento de viaxeiros".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/07/2019 | Actualizada ás 14:51

Comparte esta noticia

Renfe cancelou un total de 62 trens de Ancho Métrico, Media e Longa Distancia con chegada ou saída desde Galicia ante a folga convocada para este luns por Comisións Obreiras (CC.OO.) nunha xornada que coincide coa segunda fase da operación saída das vacacións de verán.

Así, segundo fontes de Renfe consultadas por Europa Press, máis de 60 trens non circularán este luns pola Comunidade, dos cales 33 correspóndense a Media Distancia. A nivel nacional, Renfe cancelou 320 trens dos programados para este luns, 107 deles de AVE e Longa Distancia, ante a folga. Así se desprende dos servizos mínimos ditados polo Ministerio de Fomento ante o paro, de 23 horas de duración.

Os servizos esenciais garanten a circulación de 280 trens de AVE e Longa Distancia, o 72% dos 387 inicialmente programados, o que supón cancelar 107. No caso dos trens de Media Distancia (rexionais), os servizos mínimos inclúen 390 circulacións, o 65% dos 603 previstos, o que implica cancelar os 213 restantes.

En canto aos servizos de proximidade, establécese a circulación do 75% dos trens habituais nas 'horas punta' e o 50% no resto da xornada. Respecto dos trens de mercadorías, circularán o 25% dos programados.

DÍA DE "EXCEPCIONAL MOVEMENTO DE VIAXEIROS"

Na súa resolución, Fomento atribúe estas porcentaxes de servizos mínimos a que a folga coincide en "unha xornada de excepcional movemento de viaxeiros". "Coincide a mobilidade propia dun luns laborable co final e inicio de quincena vacacional, afectando tanto os servizos de proximidade, como aos de Media Distancia e Longo Percorrido", argumenta o Ministerio.

Renfe ofrece aos viaxeiros dos trens que non estean garantidos polos servizos mínimos cambiar o billete para outro tren do mesmo luns, sempre que sexa posible, ou ben anulalo ou cambialo de data.

MOTIVOS DO PARO

CC.OO convocou esta xornada de folga ao considerar que a empresa incumpriu "o pactado respecto do tres principais materias do novo convenio, isto é, "xerar emprego, reducir a xornada e aumentar o soldo", e estimar "esgotada" a vía da negociación.

O sindicato denuncia que Renfe non está a xerar novo emprego, dado que os novos traballadores que se incorporan substitúen aos que se acollen ao plan de baixas incentivadas. A formación sindical tamén protesta por que a operadora decida "de forma unilateral" a forma de computar a redución de xornada a 37 horas e media semanais.

Tren c. RENFE - Arquivo
Tren c. RENFE - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta