O 061 atendeu a 71 persoas por 55 accidentes de tráfico rexistrados o fin de semana en Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/07/2019 | Actualizada ás 10:29

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante o fin de semana a 71 persoas debido a 55 accidentes de tráfico ocorridos na rede viaria galega. O sábado foi a xornada con máis incidentes, cun total de 28.

Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas do venres 12 de xullo e as 23,59 horas do domingo 14 un total de 70 chamadas en relación con sinistros de circulación.

Os recursos sanitarios mobilizados situáronse en 78. En concreto, as ambulancias realizaron 67 saídas; o helicóptero medicalizado realizou tres saídas e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia en oito accidentes.

En 63 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes e en oito ocasiones recibiron atención no propio lugar dos accidentes sen necesitar traslado. A proporción de homes atendida ascendeu ao 62 por cento e a de mulleres reduciuse ao 38%. En canto ás idades dos feridos, o 33% dos asistidos tiña entre os 20 e 34 anos.

Pontevedra, con 24 sinistros, foi a provincia con máis accidentes durante os desprazamentos do fin de semana; seguida da Coruña, con 22; Ourense, con seis; e Lugo, con tres.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta