Falece unha muller de 84 anos ao ser atropelada en Narón

A muller cruzaba por unha zona non habilitada para o paso.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/07/2019 | Actualizada ás 14:22

Comparte esta noticia

Unha muller de 84 anos de idade faleceu na mañá deste luns ao ser atropelada cando cruzaba por unha zona non habilitada para o paso de peóns na estrada M-500, á altura do Alto do Castiñeiro, en Narón.

Segundo informaron fontes da Policía Local, o accidente tivo lugar sobre as 9,20 horas, cando un vehículo conducido por un home alcanzou á muller, que se dispuxo a cruzar a calzada por unha zona non permitida.

Estas fontes explicaron que o home, que deu negativo nas probas de alcol e drogas, puido non ver á muller tendo en conta que saíu de súpeto de entre dous vehículos que estaban aparcados.

Autoestrada AP-9. EUROPA PRESS - Arquivo
Autoestrada AP-9. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta