A EOXI de Pontevedra e O Salnés cobre as vacacións do persoal con máis carga de traballo para os que quedan

Aplica prolongamentos de xornada ao persoal dos centros ou "intersubstitucións".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/07/2019 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

A EOXI de Pontevedra e O Salnés optou por cubrir as ausencias durante os meses de verán con prolongamentos de xornada ao persoal dos centros ou a través de "intersubstitucións", é dicir, que o resto de profesionais asuman de maneira provisional a cota de consultas do persoal ausente.

Hospital do Salnés.
Hospital do Salnés.

Diso informou o Servizo Galego de Saúde (Sergas) a través dun comunicado no que sinala que a medida conta con "marxe legal e administrativo ao ser a cobertura asistencial nos centros un asunto de "interese público".

Así, apunta que "ante a imposibilidade de cubrir as ausencias estivais" con profesionais das listas e contratación ou con persoal voluntario, a EOXI de Pontevedra opta por prolongar as xornadas ou que o persoal presente asuma "a cota" dos seus compañeiros ausentes.

O Sergas afirma que "a súa previsión garante cada ano a asistencia sanitaria nesta época, ao mesmo tempo que compatabiliza o dereito dos profesionais ao seu descanso vacacional".

Esta decisión, que segundo lembra o Sergas xa se adoptou noutras ocasións por parte das xerencias de atención primaria de Pontevedra, aplicouse na PAC de Marín e Vilagarcía, "tendo en conta que se esgotaron as xestións administrativas de recursos humanos posibles para cubrir con criterios de continuidade esta atención".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta