Cae a facturación da industria galega por segundo mes consecutivo

A entrada de pedidos tamén descende este mes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/07/2019 | Actualizada ás 11:19

Comparte esta noticia

A facturación da industria galega rexistrou en maio unha baixada do 0,2% en comparación co mesmo mes de 2018, segundo os datos que publica este martes o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Deste xeito, acumula dúas baixadas interanuais consecutivas tras o mes de abril (-2,4%). O descenso de maio contrasta coa subida media española (+0,8%). Galicia é unha das sete autonomías con datos negativos neste mes. As peores cifras prodúcense en Castela e León (-12,3%). En cambio, o incremento é liderado por Murcia (+7,7%).

Con todo, na media do que vai de ano --entre xaneiro e maio-- a alza en Galicia é do 2,4%, case un punto máis que o avance no Estado (+1,5%). No tocante aos pedidos, tamén hai unha baixada en maio en Galicia (-1,5%), nun mes con descenso no Estado do 2,5%. A Comunidade volve a datos negativos tras a importante subida de abril (+107%).

Precisamente, ese aumento de abril é o que fai que a media do que vai de ano na entrada de pedidos en Galicia sexa a segunda maior do país (+24,1%), só por baixo de Castela-A Mancha (+29,6%).

Fàbrica de Nestlé a Pontecesures (Pontevedra). NESTLÉ - Arquivo
Fàbrica de Nestlé a Pontecesures (Pontevedra). NESTLÉ - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta