A Garda Civil de Ourense reparte chalecos reflectores para aumentar a visibilidade dos ciclistas

Por E.P. | OURENSE | 16/07/2019 | Actualizada ás 13:22

Comparte esta noticia

Integrantes do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense participaron este pasado fin de semana nun dispositivo no que entregaron chalecos reflectores de alta visibilidade aos ciclistas que circulaban polas estradas da provincia para incrementar a súa seguridade.

Esta iniciativa ten como obxectivo reducir a sinistralidade viaria entre os usuarios máis vulnerables, como é o caso dos ciclistas. Os chalecos foron cedidos pola Axencia Galega de Infraestruturas.

Segundo lembrou a Garda Civil, considéranse "colectivos vulnerables" a nivel de tráfico os peóns, os ciclistas e os condutores de motocicletas, ao ser os que "adoitan sufrir feridas graves en caso de accidente, tendo en conta que carecen de escudo protector".

Repartición de chalecos reflectores
Repartición de chalecos reflectores | Fonte: DELEGACIÓN DO GOBERNO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta