A colección 'Clásicos da emigración' reeditará 12 pezas do século pasado sobre a diáspora galega

O Consello da Cultura e a Secretaría Xeral de Emigración divulgarán obras de Ramón Castro, Xosé Baña Pose e Luís Seoane, entre outros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/07/2019 | Actualizada ás 16:40

Comparte esta noticia

A colección 'Clásicos da emigración', editada polo Consello da Cultura Galega (CCG) e a Secretaría Xeal de Emigración, recompilará 12 clásicos do século pasado sobre a diáspora narrados polos seus protagonistas.

Presentación da colección de 12 clásicos da emigración galega baixo o ´titulo 'A emigración en Galicia'. XUNTA
Presentación da colección de 12 clásicos da emigración galega baixo o ´titulo 'A emigración en Galicia'. XUNTA | Fonte: Europa Press

'A emigración en Galicia', escrito por Ramón Castro López en 1921, é o primeiro título dos clásicos, colección que se completará con outras obras de referencia sobre este fenómeno demográfico, como 'Vida e milagres de Pepe de Xan Baña en trinta anos de Cuba', de Xosé Baña Pose ou 'Fardel do eisiliado' de Luís Seoane, entre outros. Todas as pezas terán un período de publicación bimensual.

Na presentación, celebrada este mércores na sede do CCG, participaron a presidenta do Consello da Cultura, Rosario Álvarez; o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; así como os especialistas na materia Xosé Manuel Núñez Seixas, e Ramón Villares.

A Xunta destacou que, a través de distintos xéneros e épocas, esta colección busca "ofrecer un fiel reflexo do que supuxo a emigración galega tanto para os que a viviron desde os seus países como para os que viron irse aos seus seres queridos".

A colección reúne obras clásicas publicadas polos propios protagonistas e por aqueles que analizan o fenómeno, tanto en España como en América. Respecto diso, Rosario Álvarez aseverou que se pretende dar a coñecer o feito emigratorio a través dun "acceso libre a obras de referencia e de difícil acceso".

PRÓLOGO

Na presentación, o director do Arquivo da Emigración Galega, Xosé Manuel Núñez Seixas, destacou que cada unha das pezas conta cunha introdución realizada polos seus editores. Por iso, tratou de incidir na "vontade compartida" das institucións de dar a coñecer o que foi a emigración galega "nas súas múltiples perspectivas e as interpretacións que suscitou".

Así mesmo, Núñez Seixas destacou, sobre todo, a intención de ver a diversidade das súas consecuencias tanto para o país de destino e de orixe, "non sempre negativos". No entanto, o director do Arquivo da Emigración tamén afirmou que "a rigorosidade non debe desmerecer a boa escritura".

PRIMEIRA ACHEGA

A primeira obra desta colección está escrita polo párroco Ramón Castro López, cualificado polo autor do prólogo Ramón Villares como "orixinal e rompedor" dez anos despois da súa publicación inicial. Ademais, sinalou a "importancia" do primeiro texto alegando que este vai a "contracorreente". "Non di o que di todo o mundo", indicou. No entanto, desde o aspecto moral, Ramón Villares sinalou o feito de que o autor é "moi crítico" cos efectos da inmigración.

Segundo o autor do prólogo do primeiro texto, o libro podería definirse como "a mellor expresión na cultura galega dun enfoque optimista da emigración". No entanto, lonxe de avogar pola emigración, este sinalou a necesidade de preguntarse o "por que sucede e para que". En palabras de Ramón Castro López, "se a emigración non fose, Galicia sería outra".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta