Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/07/2019 | Actualizada ás 16:26
O Goberno galego permitirá instalar chiringuitos fixos e permanentes, durante todos os días do ano, sempre que "estea xustificada a súa necesidade" e cumpran certos criterios en canto aos seus materiais, as súas cores e o seu volume.
Esta será unha das medidas instauradas no decreto aprobado polo Executivo autonómico este xoves para regular as súas competencias sobre o dominio público marítimo terrestre, tal e como avanzou en rolda de prensa o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. O texto terá o obxectivo, entre outros, de que estes establecementos sexan "un reclamo para a xente" e fomenten un turismo "de excelencia".
"Hai que adecuar as instalacións á contorna cumprindo os requisitos de calidade arquitectónica e de adecuación á paisaxe. E aí, anticipo, imos ser contundentes. Do mesmo xeito que abrimos esta posibilidade, non queremos que se encha Galicia de instalacións das que nos avergoncemos", explicou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.