Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 18/07/2019 | Actualizada ás 18:36
Nos primeiros cinco meses do ano, os titulares de explotacións lácteas galegas facturaron 368 millóns de euros, o que supón un 2,3% máis que no mesmo período de 2018. Así o avanzou este xoves o conselleiro do Medio Rural, José González, durante a inauguración das novas instalacións da Sociedade Agraria de Transformación (SAT) A Campa, situada no concello coruñés de Curtis.
Alí, José González sinalou tamén que Galicia segue sendo líder en España no sector lácteo, con preto do 40% da produción.
O conselleiro destacou que a facturación dos gandeiros galegos tamén representa o 37% a nivel estatal, unha "boa cifra" que mostra a "estabilidade" no sector.
Deste xeito, asegurou que é "incuestionable" que o sector lácteo "é un dos principais motores do rural galego" e, por tanto, "da economía" de Galicia.
O conselleiro apostou pola transformación e pola calidade como maneira de revalorizar os produtos, dado que "no rural pódese vivir e pódese vivir ben".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.