Morre un home ao caer dun edificio en Santiago de Compostela

Non lle aguantou un arnés de seguridade cando limpaba uns canlóns.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/07/2019 | Actualizada ás 09:28

Comparte esta noticia

Un home que realizaba a limpeza duns canlóns faleceu ao caer desde na tarde do xoves na rúa Jaca, en Santiago de Compostela, segundo informou este venres o CIAE 112 Galicia.

En concreto, o persoal do 112 tivo constancia do accidente sobre as 19,45 horas do xoves tras a chamada dun particular. Tras recibir o aviso, informaron da situación ao servizo do 061-Urxencias Sanitarias, á Policía Local e á Policía Nacional.

Coche da Policía Nacional. ARQUIVO
Coche da Policía Nacional. ARQUIVO

Fontes policiais informaron a Europa Press de que o falecido era un particular que realizaba pola súa conta labores de limpeza duns canlóns. Para iso, suxeitouse cun arnés que puido non aguantar o seu peso, segundo as primeiras hipóteses.

Unha vez no punto, conforme indicou o 112, os servizos sanitarios só puideron confirmar a morte do home. Ademais, solicitouse a intervención do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) por se fora necesario prestar asistencia aos familiares do falecido.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta