A que se adican os estranxeiros que traballan en Galicia?

Seguen aumentando o seu número. A Seguridade Social gaña 875 afiliados estranxeiros en xuño, u 2,3% máis.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/07/2019 | Actualizada ás 10:29

Comparte esta noticia

A Seguridade Social gañou 875 cotizantes estranxeiros en xuño en Galicia, un incremento do 2,32% en relación con abril, ata situar o total de inmigrantes ocupados en 38.563, segundo os datos publicados este venres polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

En comparación co mesmo mes de 2018, o aumento dos estranxeiros afiliados á Seguridade Social é do 9,05% en Galicia. Un aumento significativo e que axuda a manter a pirámide laboral no país. E en que traballan os estranxeiros que veñen a Galicia?. A distribución por réximes é de 30.653 no xeneral (26.213 no subtipo xeral, 1.330 no agrario e 3.111 no fogar), 6.659 autónomos e 1.250 do mar.

Ademais, os dados de alta no sistema en Galicia son 16.320 estranxeiros procedentes doutros países da Unión Europea e 22.243 extracomunitarios.

DATOS ESTATAIS

A Seguridade Social gañou unha media de 23.120 cotizantes estranxeiros en xuño (+1,07%), ata situarse o total de inmigrantes ocupados en 2.178.269 persoas, segundo informou este venres o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Con este repunte, a afiliación de estranxeiros encadea cinco meses consecutivos de ascensos tras gañar en febreiro, marzo, abril e maio 18.500, 41.677, 59.443 e 68.749 cotizantes, respectivamente.

Afiliados estranxeiros
Afiliados estranxeiros

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 uu1

O artigo da cifras que não aclaram nada. Quantos deles são titulados universitários (engenheiros, doutores, arquitetos, professores, etc), quantos são pessoal não qualificado. Estes são os datos que nos ajudaram a entender onde está a Galiza no mundo.