Temas: SERGAS SANIDADE

Aumenta o tempo de espera para operarse dunha intervención prioritaria de primeiro nivel en Galicia

Sobe 1,1 días, ata 16, segundo datos do Sergas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 19/07/2019 | Actualizada ás 18:13

Comparte esta noticia

O tempo medio para operarse dunha intervención prioritaria de primeiro nivel no Servizo Galego de Saúde (Sergas) subiu 1,1 días a 30 de xuño deste ano en comparación coa mesma data de 2018, ata situarse en 16 días. Así o recollen os datos colgados na web da Consellería de Sanidade, dos que tamén se extrae que o tempo para unha operación de prioridade 2 baixou ata 58,6 días.

Quirófano
Quirófano

Por estruturas organizativas, a de Pontevedra lidera a clasificaciónn con 78,6 días de tempo medio de espera. Vigo está en 74,4 días en global e sguelle A Coruña, con 60,8 días. 

Por prioridade, en Lugo-Cervo-Monforte a espera para unha intervención de prioridade 1 ascende a 22,5 días, mentres que en Vigo o tempo para operarse de nivel 2 chega aos 80,8 días.

No que respecta a consultas, o tempo medio de espera é de 53,4 días no Arquitecto Marcide de Ferrol e de 47,2 días no complexo hospitalario de Vigo.

Por servizos, destacan os 78,3 días de espera media para unha consulta no de uroloxía na estrutura de xestión organizativa de Ferrol.

Mentres, en probas diagnósticas, cando a espera media está en 51,2 días en radioloxía, a cifra elévase ata os 122,4 días en endoscopias. En concreto, o maior tempo é o correspondente a endoscopias dixestivas (126,9 días), seguido de xinecolóxicas (45,7 días), urolóxicas (30,5 días) e otorrinolaringolóxicas (23,5 días).

A estrutura de Pontevedra e O Salnés reivindica que "se consolida como a área coas demoras cirúrxicas, probas e consultas diagnósticas máis baixas de todo o sistema sanitario público galego".

A estrutura de Vigo subliña, pola súa banda, que os datos do primeiro semestre de 2019 indican "que o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) segue rebaixando a espera media para as cirurxías e esta diminución consolídase".

Neste período de tempo, a demora media está en 74,4 días e mellora en 10 días a cifra rexistrada no primeiro semestre de hai un ano. "Este era un dos obxectivos prioritarios que se fixaron cando se produciu a reorganización da área sanitaria de Vigo en 2015, coa apertura do Hospital Álvaro Cunqueiro e tamén o que se marcou a Xerencia viguesa hai un ano, cuxa consecución avalan os datos oficiais coñecidos hoxe", chama a atención.

Temas: SERGAS SANIDADE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ana

Eso e unha gran mentira, xq eu en prioridade 2 esperei 8 meses pa operarme, e asi de todas as veces e xa levo 10 operacions.E polas resonancias 18 meses. Esto e no Chuac. Así que non engañen a xente, q coma min ai moitos mais. Informadevos ben.